CIG-SERVIZOS PROTESTA CONTRA O DESPEDIMENTO DUN AFILIADO EN EROSKI


Delegados sindicais e traballadores de Vegalsa-Eroski realizaron o 24 de febreiro unha concentración en coincidencia coa inauguración dun novo hipermercado na Coruña para protestar contra o despedimento dun afiliado que conformaba a candidatura para as eleccións sindicais. A concentración tamén serviu para censurar a explotación laboral e a persecución sindical na empresa.
24/2/10.Estes feitos amosan, máis unha vez, a actitude antisindical do Grupo Vegalsa e a tentativa constante de eliminar a presenza das organizacións que non están dispostas a asinar o penoso convenio estatal.


Xornadas superiores ás 10 horas


O persoal que traballou o día da inauguración do Eroski-Center do barrio de Matogrande iniciou a xornada laboral ás 8:15 e saíu ás 15:05 horas e proseguiu desde as 18:00 até as 21:00 horas. De aí, os empregados tiveron que se desprazar até a tenda antiga para realizar o inventario.


Vegalsa, que participa co 50% do capital do Grupo Eroski en Galiza, mantén uns salarios inferiores aos da competencia con subas do 1% fronte ao 3´5% do resto do sector e malia acumular beneficios millonarios.


A política de recursos humanos é inflexíbel e autoritaria e maniféstase en sancións aos traballadores que se negan a modificar os seus horarios ao antollo da empresa, en despedimentos arbitrarios ou na denegación de permisos para conciliar a vida laboral e familiar. Ademais, é preciso recorrer á Xustiza para conseguir o goce destes últimos.

4 comentarios:

Bea dijo...

Hola:

Si Kunta-kinte existiese hoy en día, seguro que trabajaría en Eroski, empresa en la que no existe la conciliación laboral y familiar, tampoco existe la promoción profesional y por no existir casi no existe el salario, por no hablar de los trienios.

Un saludo y mucho ánimo a todos los sufridos empleados de Eroski.

Unknown dijo...

Hola: estoy totalmente de acuerdo con Bea. Realmente sólo les falta como instrumento de trabajo repartir un látigo.
Ya no se trata de que no den ninguna facilidad para nada (estudiar, conciliación familiar,...) es que aun encima nos recortan derechos que según las leyes son nuestros (de todos los trabajadores menos de los que trabajan en Eroski, deberían explicar.
Un saludo,compañeros.

miki dijo...

Hola compañeir@s:
Quixeravos felicitar dende Vigo po-las vosas actuacións en defensa d@s empregad@s de Vego-supermercados na Coruña (como delegado da CIG nesta empresa por Pontevedra). O mesmo tempo decirvos que deberíamos ter unha xuntanza todo-los delegados desta empresa en GALIZA, para compartir ideas e unir esforzos de cara ao próximo convenio que se firmará en menos de un ano.
Para máis joder nas próximas eleccións en Pontevedra rumorease que entrará a formar parte do noso comite FAMILIA (totalmente de FETICO en Pontevedra)po-lo que seguramente perderemos algún delegado da CIG,(cando agora mesmo temos a presidencia do comite).
Un saúdo compañeir@os e non olvidedes o que decía alguen:
"VALE MÁS MORIR DE PIE QUE VIVIR ARRODILLADO"

XUNTOS FAREMOS MAIS FORZA

tere dijo...

ola Miki, as delegada/os da CIG, estamos para iso,defender os compañeiros que puxeron a súa esperanza en nos,e non como fan outras que van de adorno as reunións.Po las eleccións eu non estaría preocupada por Fetíco,pois esta en decadencia nos últimos tempos,na Coruña perdeu a maioría,en Dia a semana pasada, e en Eroski (A Coruña) xa leva tres anos sen ela.Coa xuntanza estou de acordo.Xa nos poremos en contacto