Concentración na sede de Vegalsa-Eroski de A Coruña o 13-05-2010 para denunciar a represión sindical aos delegados/as da CIG


A empresa pretende evitar que a central manteña informados os/as traballadores/as sobre a súa realidade laboral
Delegados e delegadas da CIG concentráronse esta mañá diante da sede de Vegalsa-Eroski no Polígono de Agrela para denunciar a política de represión sindical que a empresa está a pór en práctica. Dende a CIG-Servizos criticaron que Vegalsa vén de sancionar a unha delegada da central, baixo falsas acusacións, con 16 días de emprego e soldo, dentro dunha manobra para evitar que os traballadores e traballadoras sexan conscientes de que son os peores pagados/as do sector. No marco dunha intensa campaña informativa entre os traballadores e traballadoras de Vegalsa-Eroski, delegados e delegadas da CIG desenvolveron esta mañá unha protesta diante da sede da empresa no polígono de Agrela para denunciar publicamente a política de represión continuada que a compañía está a manter coa central sindical. O obxecto desta coerción, explicaba durante o decurso da concentración Roberto Pérez, responsábel de comercio da CIG-Servizos, é evitar que o conxunto do persoal sexa consciente da verdade: que os seus salarios están un 15% por debaixo do seu convenio.

Pérez indicou que a CIG está a desenvolver unha exhaustiva campaña de información aos traballadores e traballadoras de Vegalsa “que molesta máis á empresa que calquera protesta, porque o que pretenden é que o persoal estea desinformado a respecto da realidade dos seus salarios e dos seus dereitos”.

De feito, apunta, a compañía busca “aniquilar os sindicatos, en vez de dialogar”, e neste momento ten sancionada, baixo falsas acusacións, á presidenta do Comité de empresa con 16 días de emprego e soldo. Doutra volta, Vegalsa-Eroski xa tentara sancionar a outra delegada tamén con mentiras, mais “non se atreveron a chegar a xuízo”, aclara Pérez.

Neste senso, subliñaba que a concentración desta mañá concibiuse como unha denuncia pública desta situación e como mostra de apoio á delegada represaliada.

2 comentarios:

Bea dijo...

Hola:

Muchas gracias por representarnos, gracias por no ser simples figuras (como lo son, los "representantes" de otras agrupaciones sindicales).

Espero que la actitud de la empresa sólo sirva para daros ánimos, para que sigais luchando en dar a los trabajadores información y una buena representación.

Gracias por no olvidaros de nosotros.

Con la Concentración del día 13, somos conscientes de todo lo que estais haciendo por nosotros.

Anónimo dijo...

e si ista compañeira, so se representa a ela e ós seus colegas, e a os que estamos contentos no noso traballo, nin se achega. Porque na CIG, no hai cabida para xente que non manifeste problemas.
E si esa compañeira non peta rañoada ( coma moitos sindicalistas vosos) e os demáis temos que traballar o que ela non fai.
E si o dia da folga xeral pídennos apoio a todos e alguns delegados da CIG collen horas sindicais (a nos nos descontan o dia , e ós señoritos sindicalistas non).
E si a miña compañeira quere ir a traballar ( ten un dereito) e catro pelagatos acósana impedinlle chegar o seu traballo.
E si este comentario non se publica, porque sodes moi machotes, pero sodes tamen os que mais censurades as opinións dos demais.
E si agora ides voltar polas tendas porque pronto hai eleccios e hai igual se vos remata a teta.
Graciñas por todo Compañeiros.